miércoles, 1 de octubre de 2008

Paul Newman

O seu nome completo era Paul Leonard Newman. Naceu o 26 de xaneiro de 1925 en Cleveland, Ohio, Estados Unidos. A parte da interpretación, estudou economía na universidade de Ohio e serviu como mariño na Armada. A súa carreira artística comezou no xénero teatral actuando en varias series, e pasou á gran pantalla en 1954 coa película O caliz de prata de Víctor Saville. Estivo noutras películas e obtivo un gran éxito ao encarnar ao novo marido da gata sobre o tellado de zinc en 1958. Tivo dous grandes papeis: un no Éxodo en 1960, e outro no buscavidas en 1961. Pasou de actor a director, dirixindo cinco películas. Nalgunha delas, atribuíu o protagonismo feminino á súa esposa Joanne Woodward.
Obtivo tres óscars:
1985:Premio Honorífico da Academia pola súa Traxectoria Artística
1986:Mellor Actor por 'A cor do diñeiro'
1994:Premio Humanitario Jean Hersholt.

De gran atractivo, Newman soubo ir máis aló de ser unha simple "cara bonita", para demostrar profesionalidad, interese e preocupación pola forma de interpretar.

Gran afeccionado aos automóbiles, participou en carreiras profesionais.
Retirouse no ano 2003 e morreu o 27 de setembro de 2008 aos 83 anos.

No hay comentarios: