viernes, 17 de octubre de 2008

Posibilidades e riscos das TIC-opinión persoal

Actualmente, o ordenador fai un papel protagonista nos nosos fogares, lugares de traballo, establecementos hospitalarios, etc. Non poderiamos vivir sen esta maquina que tantas facilidades nos ofrece para levar a cabo a nosa vida: os nosos estudos, amizades, grupos sociais e culturais...
Neste momento faríaseme imposible vivir sen ordenador na casa. É imprescindible para facer certos traballos para o instituto. Incluso, algúns profesores suben nos seus blogs ou páxinas web, actividades para facer na casa, modelos de exame, e incluso test autoescolares para sacar o carnet de conducir.
Non so é imprescindible no ámbito de estudo, se non tamén no sector social. Mediante o messenger pódeste comunicar cos teus amigos, con persoas a quilómetros de distancia, compatir fotos ou incluso manter unha videoconferencia.
Aínda que o ordenador é indispensable, tampouco hai que volverse un adito a estas máquinas. Os adolescentes entre 13 e 18 anos soen ser os máis afectados por esta adicción, e non manteñen relacións diretas con outros rapaces. Ó cabo dun tempo, serán xulgados como marxinados sociais ou "frikis".
Se polo contrario, unha persoa non conta con recursos económicos para obter un ordenador, atribuiráselle o apodo de "aldeán".
O ordenador é moi importante, pero non debemos usalo como unha forma de vida, se non como un elemento para desenvolver esta mesma, con máis facilidade.

Á hora de buscar información en internet, hai que asegurarse de que as páxinas visitadas son fiables. Os blogs ou wikis non son 100% fiables, xa que son sitios web onde a xente dá a súa opinión.

No hay comentarios: