viernes, 24 de octubre de 2008

Opinión persoal do acoso escolar

Penso que hai moitos nenos que polo ámbito familiar, ou por diversas causas, intentan chamar a atención dalgún modo; pero, ás veces, chega a terribles extremos. Aínda que todos o facemos, non deberiamos facer mofa ou burla dunha persoa, e menos se pertence o noso círculo social (do noso centro educativo, do noso grupo de amizades...).
Estas persoas que son criticadas soen ser persoas que non se saben o que non queren defenderse dos acosos, tanto psicolóxicos coma físicos. As persoas que se meten con estes individuos, soen ser rapaces con problemas ou mala conduta. Aínda que como xa dixen, todo o mundo se burla de todo o mundo, non é o mesmo facelo dunha maneira discreta ou calada, que dunha maneira que o individuo se sinta humillado públicamente
Se houbera unha disputa entre dúas persoas, eu non me metería. Se a disputa chegara ás mans, e a persoa que non ten culpa non se pode defender, pediría axuda a alguén para rematar coa pelexa. Se o problema fose cun amigo/a meu, non o dubidaría.

No hay comentarios: